O PROXECTO


♦ O PROXECTO:
Realízase por primeira vez en 2018, vinculado á asociación Exempla.
A asociación EXEMPLA nace no barrio da Agra do Orzán, con vocación non só de artistas senón co sentimento de obriga na xeración de dinámicas de integración e de intercomunicación nunha das barriadas máis plurais e populares da Coruña. Con sede na Sala Gurugú.
Destas obrigas adquiridas por EXEMPLA, nace o FEM , na procura de xerar unha dinamizacion artística e social do barrio en torno á figura da muller.
Contando con mostras audiovisuais, espectáculos, e mesas de reflexión; coa presenza de literatas, actrices e creadoras audiovisuais, unha educadora social e unha socióloga, introducindo os seus traballos e explicando as súas derivas.
Posteriormente, nas súas seguintes edicións, en 2021, 2022 e 2024, o proxecto será desenrolado pola compañía de dinamización cultural e teatro aAntena.
♦ OBXECTIVOS:
→ Xerais:
•FEM: Un festival onde a figura da creadora sempre se verá como eixo onde navegar.
•FEM busca que vistamos os lentes das creadoras e vexamos o mundo dentro da súa ollada en feminino.
→ Específicos:
1. Visibilización da muller creadora.
2. Exposición e reflexión da muller na sociedade
3. Reflexión e visibilización da muller nos eidos da creación
4. Empoderamento da visión da muller nun mundo habitualmente dominado por olladas masculinas .
5. Posta en primeira fila desas mulleres creadoras que abundan pola nosa terra.
6. Comprobar como o enfoque feminino da nosa sociedade completa e fai máis verdadeira a visión das artes.
♦ SECCIÓNS DO FEM:
→ En común:
Divulgación. Charlas coloquio onde expresar as problemáticas de xénero, na procura da reivindicación da muller como eixo vertebrador da sociedade e, polo tanto, das artes e a súa comunicación.
→ Escena:
Escenificación de creacións escenicas.
Acompañadas sempre de introducción e debate ao cargo das creadoras onde amosarán e explicarán o seu camiño previo e cara onde derivan na actualidade, atendendo ás demandas do público presente.
→ Exposición:
Presentación de propostas plásticas.


♦ EDICIÓNS DO FEM: