FEM 2018

* ORIXE *

A asociación EXEMPLA nace no barrio da Agra do Orzán, con vocación non só de artistas, senón co sentimento de obriga na xeración de dinámicas de integración e de intercomunicación nunha das barriadas máis plurais e populares da Coruña. Ten a súa sede na Sala Gurugú.

 

→ Obxectivos da asociación:

1• Programación regular de espectáculos, festivais, encontros

2• Escola de artes escénicas

3• Cursos monogáficos, conferencias , exposicións , Master classes

4• Encontro das artes e os seus recursos como aplicación sociocultura e educativa

 

Destas obrigas adquiridas por EXEMPLA, nace o FEM , na procura de xerar unha dinamizacion artística e social do barrio en torno á figura da muller.

Cumplindo os fins de facilitar o coñecemento de actividades artísticas en feminino, reflexión en diferentes puntos do barrio sobre temas propios da situación da muller, cuestionamento dos modelos tradicionais expoñendo unha creación por e para mulleres, aplicar ás correntes feministas desde un punto artístico.

batteries-7303366

* OBXECTIVOS DO FEM 2018 *

1• Visibilización da muller creadora.

2• Exposición e reflexión da muller na sociedade

3• Reflexión e visibilización da muller nos eidos da creación

4• Empoderamento da visión da muller nun mundo habitualmente dominado por olladas masculinas .

5• Posta en primeira fila desas mulleres creadoras que abondan pola nosa terra.

6• Comprobar como o enfoque feminino da nosa sociedade por via das artes completan e fan máis verdadeira a visión das artes.

7• Vertebramento dunha identidade do barrio a partires da figura feminina, sendo “a”agra, “a” rúa, “a” praza” … “a” libraría, “a“sala, “a “ asociación.

* SECCIÓNS DO FEM 2018 *

·EN COMÚN

Charlas coloquio onde expresar as problemáticas de xenero , na procura da reivindicación da muller como eixo vertebrador da sociedade e , polo tanto, das artes e a súa comunicación.

Animación de rúa para concienciar e publicitar o evento.

·EXPOSICIÓN

Exposición fotográfica no hall da Sala.

·EN PANTALLA

Visionado de traballos audiovisuais en sesión monográfica.
Acompañada de introducción e debate ao cargo da creadoras onde amosarán e explicarán o seu camiño previo e cara onde deriva na actualidade, atendendo ás demandas do público presente.

·ESCENA

Escenificación de creacións escénicas, acompañadas sempre de introducción e debate ao cargo das creadoras, onde amosarán e explicarán o seu camiño previo e cara onde derivan na actualidade, atendendo ás demandas do público presente.

·ESCRITA

Presentación de propostas literarias (poéticas, narrativas).

Nesta edición contamos coa participación de:

# MARIANA CARBALLAL

# FIADEIRAS

# MARIBEL VALDIVIESO

# SONIA MÉNDEZ

# ANTÍA OTERO

# ESTÍBALIZ VEIGA

# ISABEL DE TORO

# NEKANE FERNÁNDEZ

# LUCÍA ALDAO E MARÍA LADO