FEM 2018
* ORIXE *
A asociación EXEMPLA nace no barrio da Agra do Orzán, con vocación non só de artistas, senón co sentimento de obriga na xeración de dinámicas de integración e de intercomunicación nunha das barriadas máis plurais e populares da Coruña. Ten a súa sede na Sala Gurugú.
→ Obxectivos da asociación:
1• Programación regular de espectáculos, festivais, encontros
2• Escola de artes escénicas
3• Cursos monogáficos, conferencias , exposicións , Master classes
4• Encontro das artes e os seus recursos como aplicación sociocultura e educativa
Destas obrigas adquiridas por EXEMPLA, nace o FEM , na procura de xerar unha dinamizacion artística e social do barrio en torno á figura da muller.
Cumplindo os fins de facilitar o coñecemento de actividades artísticas en feminino, reflexión en diferentes puntos do barrio sobre temas propios da situación da muller, cuestionamento dos modelos tradicionais expoñendo unha creación por e para mulleres, aplicar ás correntes feministas desde un punto artístico.


* OBXECTIVOS DO FEM 2018 *
1• Visibilización da muller creadora.
2• Exposición e reflexión da muller na sociedade
3• Reflexión e visibilización da muller nos eidos da creación
4• Empoderamento da visión da muller nun mundo habitualmente dominado por olladas masculinas .
5• Posta en primeira fila desas mulleres creadoras que abondan pola nosa terra.
6• Comprobar como o enfoque feminino da nosa sociedade por via das artes completan e fan máis verdadeira a visión das artes.
7• Vertebramento dunha identidade do barrio a partires da figura feminina, sendo “a”agra, “a” rúa, “a” praza” … “a” libraría, “a“sala, “a “ asociación.
* SECCIÓNS DO FEM 2018 *
·EN COMÚN
Charlas coloquio onde expresar as problemáticas de xenero , na procura da reivindicación da muller como eixo vertebrador da sociedade e , polo tanto, das artes e a súa comunicación.
Animación de rúa para concienciar e publicitar o evento
·EXPOSICIÓN
Exposición fotografica no hall da Sala
·EN PANTALLA
Visionado de traballos audiovisuais en sesión monografica.
Acompañada de introducción e debate ao cargo da creadoras onde amosará e explicará o seu camiño previo e cara onde deriva na actualidade, atendendo ás demandas do público presente.
·ESCENA
Escenificación de creacións escenicas.
Acompañadas sempre de introducción e debate ao cargo das creadoras onde amosarán explicarán o seu camiño previo e cara onde derivan na actualidade, atendendo ás demandas do público presente.
·ESCRITA
Presentación de propostas literarias (poéticas, narrativas)






∗ Nesta edición contamos coa participación de:
# MARIANA CARBALLAL
# FIADEIRAS
# MARIBEL VALDIVIESO
# SONIA MÉNDEZ
# ANTÍA OTERO
# ESTÍBALIZ VEIGA
# ISABEL DE TORO
# NEKANE FERNÁNDEZ
# LUCÍA ALDAO E MARÍA LADO




